Tuesday 07 de May de 2024

Roubo de plantas no parque en construción da rúa do Mar


Durante os últimos días produciuse o roubo de varias plantas no novo parque público que se está a construír na rúa do Mar. Polo tipo de especies das que se trata -dicksonias antárticas-, do tratamento que requiren e do seu valor no mercado, a hipótese máis probable é que se estean a roubar por parte dalgunha persoa dedicada á xardinería para vendelas ou plantalas en algún xardín privado.

O Concello solicita a colaboración veciñal para identificar á persoa responsable desta acción delictiva. En caso de ter información ao respecto é posible comunicalo chamando á Policía Local ao teléfono 981610001.

Este novo parque público, que se atopa en construción, ocupará 19.908 metros cadrados de solo urbano propiedade de Sandra Ortega, que renunciou ao seu dereito de aproveitamento urbanístico de construción de 88 vivendas e está sufragar o custo íntegro da obra.